Venres 6 de Outubro de 2023

 Bo día amig@s!!!

Xa estamos no último dia de cole desta semana.

Hoxe é VENRES.

Mañán xa estaremos na fin de semana co Sábado e o Domingo.

Imos pois despedir esta semana cantando e bailando.

CANCIÓN DA FIN DE SEMANA.

Xa me contaron que onte en vez de usar o material que vos propuxen estivéstedes traballando coas tablets as vogais. Pareceume unha boa idea.

Xa vexo que sodes un expertos lectores e escritores de vogais así que propóñovos que hoxe aquelas fichas que vos quedan por facer as levedes para casa para rematalas e cando as teñades listas traédelas de volta ao cole. E así o luns seguiremos avanzando neste apaixoante mundo das letras.

Repasámolas cantando??

CANCIÓN DO ABECEDARIO

Antes de contarvos quen vai a ser hoxe @ encargad@ recórdovos que os nenos e nenas de 1º A hoxe teredes Educación Física con Maricha e ademáis os dous grupos de 1º ides rematar a semana coa profe Geni e a súa clase de Música.

E agora sí, os encargad@s de hoxe serán:
En 1ºA Yeredey
En 1º B Uxía

Veña que xa non queda nada. Disfrutade do Venres e volvemos o Luns coas pilas cargadas!!

Chaitooo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023