Luns 23 de Outubro de 2023

 Moi bos días!!

Comezamos unha nova semana. 

Hoxe é luns e coma sempre imos falar da nosa fin de semana para despois practicar a escritura no noso DIARIO DA FIN DE SEMANA.

Esta semana tamén seguiremos traballando coa letra M, deixovos este video para recordarvos 

VIDEO LETRA M

LECTURA LETRA M

LETRA M

Sabedes unha cousa?? M tamén me recorda que estabades traballando unha emoción que se chama... Síii MEDO, e tamén empeza por M algo que vos da moito medo que son os MONSTRUOSSSSS!!!

Recordades esta canción??

MEDOMEDÁ

Deixovos estas fichas para o proxecto de centro, Quero ser...

Antes de comezar coa asamblea cóntovos que coma todos os luns, hoxe algúns teredes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara.

E agora sí, comezamos coa asamblea,  hoxe temos de encargad@s:

En 1º A: AINARA

En 1ºB: ENZO

Estas son as fichas de asamblea.

FICHA O DÍA DE HOXE

FICHA ASAMBLEA 1ºA

FICHA ASAMBLEA 1ºB

FICHA LETRA E NÚMERO DO DÍA

Que teñades moi bo día de Luns, eu xa me despido ata mañán!!!

Disfrutade do día e ata mañán!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023