Venres 22 de Setembro de 2023

OLA AMIGUIÑ@S!!
Xa estamos outra vez no último día da semana de cole. Xa é VENRES!!!!
Qué ràpido están pasando os días... a que si?? Estades dacordo conmigo?? 
Como vos estades sentindo no cole en 1º?? 
Bueno pois coma todos os venres imos darlle a benvida ao fin de semana con esta canción:





E que imos facer hoxe??

O nenos e nenas de 1º A hoxe teredes Educación Física con Maricha e ademáis os dous grupos de 1º ides rematar a semana coa profe Geni e a súa clase de Música.

De todas formas non quero que acabedes a semana sin escoitar esta canción que vos axudará a seguir traballando coas vosas profes as vogais.

CANCIÓN DAS VOGAIS

E para rematar... antes de que comecedes coas rutinas diarias do CALENDARIO e a ficha do DIA DE HOXE,  quen recorda qué estación empezou onte 21 de Setembro??

Moi ben, comezou o outono, anímovos a demostrar as vosas dotes artísticas utilizando as cores do outono para decorar estos números que nos servirán despois para traballar moitas cousas na clase.

NÚMEROS ARTÍSTICOS

Ata o Luns e recordade disfrutar MOOOOITOOOO da fin de semana e das vosas familias e amigos!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023