Luns 11 de Setembro de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS!!!

Nenos, nenas e profes... son o voso blogue, o "blogue dos Primeirinis", que ganas tiña de coñecervos.
Non sei se o sabedes, pero todos os días pola mañán cando cheguedes a clase eu serei o que vos irei contando o que ides a facer cada día no cole.
Hoxe EMPEZA O COLEEEEEE!!!!  Teño algunha preguntiña para vós:
- Tiñades ganas de empezar o cole??
- Cómo o pasatedes no verán??
- Costouvos moito madrugar esta mañá??
Bueno xa me seguiredes contando cousas, agora quero que escoitedes esta canción que a min tanto me gusta:  CANCIÓN 

Gustouvos??

Bueno e agora, tamén quero saber se vos coñecedes todos e todas... se non é así propóñovos xogar as arañas, que vos conte a vosa profe como se xoga e xa me diredes si vos gustou.

Despois propóñovos que vaiades dar unha volta polo cole porque.... XA ESTADES EN PRIMEIRO!!!! e de seguro hai sitios do cole que non coñecedes.

Que o pasedes moi ben neste 1º día de cole e vémonos mañan!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Luns 13 de Novembro de 2023

Xoves 14 de Decembro de 2023

Mércores 15 de Novembro de 2023