Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2024

Venres 31 de Maio de 2024

Imagen
  Moi bos días amiguiñ@s!!! Hoxe sí, remata o mes de Maio, é dia 31 e mañán xa será o día 1 de Xuño. Así que hoxe toca rematar o calendario deste mes e facer a gráfica de tempo. Hoxe ademáis é un día especial por varios motivos... Teremos a sorte de participar nun obradoiro sobre " A Auga" que espero vos guste moito, xa me contaredes. É outra cousa importante ainda que un pouco triste é que hoxe é o último día da nosa profe Rebeca... Moitísimas grazas por axudarnos tanto a ser felices e aprender cada día un pouco máis e a sacar o mellor de nós!! Así que imos aproveitar que está aquí con nós para bailar con ela a ritmo de "Hoy es viernes y tu cuerpo lo sabe" Disfrutade do fíndeeee!!!

Xoves 30 de Maio de 2024

Imagen
                                                                               Bos días!! Xa chegamos ao Xoves e coma sempre  os nenos e nenas de 1º tedes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Onte vin que estabades inventando historias e contos... cando as teñades rematadas gustaríame escoitarvos lendoas!! Gustouvos esta actividade de inventar historias?? Por certo falando de historias... teño gañas de escoitarvos ler o Lobo Lupas, que xa fai días que non o collemos!! Imos comezar coa asamblea a quén lle toca de encargad@?? Ata mañán!!

Mércores 29 de Maio de 2024

Imagen
Moi bos días!!! Uff que caras de sono!!! Estades moi cansos??                   Que tal o pasástedes onte?? Alégrome moito de que o disfrutárades e de que tiverades tan bo tempo!! Agora hai que volver á relaidade diaria, empezamos ca rutina da asamblea, a quen lle toca ser hoxe encargad@?? Despois seguiremos co traballo sobre as plantas e algunha cousiña máis. Mañán vémonos!!!

Luns 27 de Maio de 2024

Imagen
 Bos días!! Que tal estades?? Como vos foi a fin de semana?? Alguén quere contarnos o que fixo?? Como pasa o tempo... esta semana é a última semana do mes de maio, xa pronto comeza o mes de Xuño, último mes deste curso. E falando do tempo... hoxe seguiredes traballando e aprendendo cousiñas sobre a súa media, os instrumentos de medida e as unidades de medición... Quén as recorda?? E xa, imos c@ encargad@ de hoxe!! Despois non vos esquezades de completar o voso diario da fin de semana e por suposto coma todos os Luns teredes clase de Relixión con Pilar ou Proxecto competencial con Sara. Despedímonos xa ata mañán!! Ah NON!! Que mañán ides de excursión, espero teñades un bo día e o disfrutedes a tope que ben merecido o tedes. Vémonos o mércores logo, amiguiñ@s!!!

Venres 24 de Maio de 2024

Imagen
 Bos días!! Semana rematada!! Como estades tod@s?? Xa me enterei que onte o volver de Educación Física os de 1º B tivésedes un susto... como se atopa ese campeón?? Bueno pois hoxe é Venres e coma sempre... cantemos!! CANCIÓN VENRES Onte falamos do importante que era saber falar do tempo e coñecelo par poder organizarnos, ir aos cumples, saber cando temos vacación por iso todos os días practicamos na asambklea o calendario cos días da semana e os meses do ano Pero ademáis ao longo do día facemos moitas cousas e é moi importante coñecer as horas que nos marca o instrumento de medida O RELOXO para chegar puntual as nosas citas. Deixovos aqui uns videos interesantes... QUÉ É O TEMPO? PARA QUE SIRVE? QUÉ HORA É? Hoxe comezaremos a coñecer as horas pero tamén seguiremos practicando as oracións. Coma todos os venres acabaredes a semana ca profe Geni e a súa clase de Música. Que teñades moi boa fin de semana e vémonos de novo o Luns. Chaitoooo

Xoves 23 de Maio de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa chegamos ao Xoves e coma sempre  os nenos e nenas de 1º tedes Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Imos comezar coa asamblea a quén lle toca de encargad@?? Hoxe imos a practicar a orde nas oracións... por certo que é unha oración ou frase?? Desixovos para que faledes e practiquedes. ORDENAR Deixovos aqui uns videos para que vexades xa que pronto empezaremos a saber calcular o tempo... QUÉ É O TEMPO? PARA QUE SIRVE? QUÉ HORA É? Ata mañán!!

Mércores 22 de Maio de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa estamos na mitade da semana, hoxe é Mércores!! Quen é hoxe @ encargad@? Hoxe imos practicar as operacións matemáticas e as oracións coa súa axuda!! Iremos ao súper e afondaremos en contidos das Plantas. E non vos esquezades de continuar ca lectura do Lobo Lupas, o noso superamigo detective!! Disfrutade do mércores e ata mañán!!

Martes 21 de Maio de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!!! Comezamos unha nova semana con este día de martes!!!!! Como vos foi estes días?????? Seguro que fixestes un montón de cousas divertidasssss!!!!! Contádeme e despois escribídeo no diario da fin de semana!! Esperamos que veñades coas pilas moi cargadassss!!!! Imos comezar xa a ASAMBLEA de hoxe  quén será @ ENCARGAD@@@@?? Ademais como é martes tedes clase de Inglés e Educación Física. Conitunuamos traballando os seres vivos, esta vez traballaremos uns seres vivos que non se desprazan... qué serán?? Adiante video 1 , video 2 , video 3 Ata mañán!!

Xoves 16 de Maio de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE XOVES!!!!! Aínda que hoxe é xoves pode parecernos que é venres porque en realidade chegou a FIN DE SEMANA!!!! Unha fin de semana longa xa que non volveremos ao cole ata o martes, 4 días de descanso e de disfrute coa familia! Xa vos contei a comezos de semana que estabamos nunha semana curta porque mañá é o DÍA DAS ....  LETRAS GALEGASSSSS!!!!! Pois para celebralo e comezar o día imos facelo coma se fora venres.... Adiante música!!!! ENLACE CANCIÓN FIN  DE SEMANA ENLACE CANCIÓN LETRAS GALEGAS Por certo... hoxe temos o día cheo de sorpresasssss.... Con que relacionades esta imaxe???? Hoxe as profes de 1º e 2º enviaremos ás vosas familias unha notificación moi importante, así que avisádelle de que a miren!!!!! Despois de esta introducción tan emocionante imos comezar o traballo de ASAMBLEA c@ ENCARGAD@!!!! Aproveitade para rematar tarefas pendentes e aquelas que queden sin rematar levadelas para estos dias que estaredes na casa e teredes ratiños para facelas. Ademáis como

Mércores 15 de Maio de 2024

Imagen
BO DÍA DE MÉRCORES!!!! Hoxe día 15 chegamos á metade deste mes de MAIO!!!! Xa coñecemos a escritora á que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano, verdade??? Pois hoxe imos seguir traballando sobre ela pero primeiro como todos os días desta semana comezamos cantando a canción sobre Luísa Villalta!!!! ENLACE CANCIÓN LETRAS GALEGAS Ademáis o outro día descubrimos que había números PARES e IMPARES... Quen me recorda que quería decir eso?? Qué núeros eran pares? Cales impares?? Se queredes podedes practicar con esta ficha Outra cousa... Quedei impresionado cos capsulos que fixeron os vermes!! Incrible como traballan e como comen... Deixovos un video moi interesante que atopei sobre eles VIDEO Imos dar comezo á ASAMBLEA de hoxe  quén será hoxe @ encargad@?? Ata mañánn!!!!             

Martes 14 de Maio de 2024

Imagen
  BO DÍA DE MARTES A TODAS E A TODOS!!!! Comezamos este novo día recordando a vida de Luísa Villalta... ENLACE VIDEO LUÍSA VILLALTA e cantando a canción ENLACE CANCIÓN LETRAS GALEGAS Hoxe seguiremos facendo os murais colaborativos e ademáis completaremos este caderniño . Despois coma h oxe é Martes  tedes clase de Inglés co teacher Juanma e Educación Física con Antón os de 1º B e con Maricha os de 1ºA. Déixovos xa c@ encargad@, quén será?? Ata mañán!!!

Luns 13 de Maio de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!! Comezamos a semana que nos marcará a metade deste mes de maio e ademais teremos unha semana mais curta xa que o venres non haberá clase... sabedes por que????? Pois si, porque o venres será o día 17 de maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Recordemos a quen se lle adicaba este ano... LUISA VILLALTA, deixovos de novo a súa BIOGRAFÍA MUSICADA               Ao longo desta semana iremos aprendendo cousiñas sobre ela... Coma todos os Luns hoxe algúns tedes clase de Relixión coa profe Pilar e outros Proxecto Competencial con Sara. Ademáis practicaredes a espresión oral e escrita falando e escribindo sobre a vosa fin de semana. Xa me despido ata mañán, deixándovos c@ encargad, quén será hoxe?? Ata mañán!!

Venres 10 de Maio de 2024

Imagen
 Moi bo día nenos e nenas!! Xa chegamos o final desta semana!! Hoxe é Venres e como xa sabedes tedes clase de Música ca profe Geni e os de 1º A Educación Física con Maricha. Mañán xa empezaredes a disfrutar da fin de semana e voltaremos o Luns cunha semana "especial" xa que conmemoraremos o día das Letras Galegas, que este ano se lle adican a LUISA VILLALTA deixovos aquí a súa BIOGRAFÍA MUSICADA Aproveitaremos hoxe o día para rematar cousiñas que tedes nas bandexas e ir facer outra compra ao super si queredes. Un saudiño e que disfrutedes desta finde!! Vémonos o Luns.

Xoves 9 de Maio de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE XOVES!!!! Que tal estades amiguiñ@s??  Fixástedesvos nos vermes?? Comen moitísimo!!  Están moi grandes!! Cando empezarán a facer o casulo?? Imos ver un video de un chico que os cría a ver si sacamos algunha información importante VERMES DE SEDA Continuamos completando o caderno coa información nova: CADERNO VERMES Bueno pois hoxe, coma todos os xoves tedes  Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Quén é hoxe @ encargad@? Escoitei que hoxe volve a abrir o SUPERMERCADO  asi que tedes preparadas as vosas carteiras para ir facer  a compra?? FICHAS SUPER Ademais seguiremos traballando sobre a  localidade Vémonos mañán!!  Que sexades moi felices!!!!!

Mércores 8 de Maio de 2024

Imagen
  Bos días!! Xa estamos na mitade da semana, hoxe é Mércores!! Quen será hoxe @ encargad@? Seguimos practicando as operacións matemáticas e as oracións coa súa axuda!! Iremos ao súper e afondaremos en contidos da Localidade. E non vos esquezades de continuar ca lectura do Lobo Lupas, o noso superamigo detective!! Disfrutade do mércores e ata mañán!!

Martes 7 de Maio de 2024

Imagen
  Bos días nenos e nenas!! Hoxe e Martes e  tedes clase de Inglés co teacher Juanma e Educación Física con Antón os de 1º B e con Maricha os de 1ºA. Hoxe imos continuar practicando as sumas e a escitura de oracións coa axuda do@ encargad@. Desta volta imos facer a orde de encargad@s ordeando os nosos nomes por orde alfabética. A quen lle toca hoxe?? Repasemos antes o abecedario con esta canción: SOPA DE LETRAS Despois seguiremos aprendendo cousiñas novas da nosa LOCALIDADE Vémonos mañán amiguiñ@s!!!

Luns 6 de Maio de 2024

Imagen
 Moi bos días!! Comezamos unha nova semana deste mes de Maio. Que tal pasastedes a fin de semana????? Non vos esquezades de contar o que fixéstedes esta fin de semana e completar o voso diario practicando a expresión escrita. Ei, e que tal están os vermes?? Algunha novidade?? Deixovos por aquí o caderno que iredes completando co que observedes cada día!! VERMES Por certo... teño gañas de seguir escoitándovos lendo O lobo Lupas!! Imos xa coa ASAMBLEA, quen será hoxe @ encargad@? Creo que hoxe abre de novo o súper, facede boas compras!! Ademais coma todos os Luns tedes Proxecto Competencial con Sara e Relixión con Pilar Chaitoooo

Venres 3 de Maio de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE VENRES A TODAS E A TODOSSSSSS!!!! Comezamos este día coa CANCIÓN DO VENRES!!!!! ENLACE CANCIÓN FIN  DE SEMANA Coma todos os venres acabaremos a semana ca profe Geni e a súa clase de Música! Ademáis hoxe traballaremos a expresión escrita escribindo oracións a partir de debuxos.  Coa a axuda d@ encargad@ practicaremos sumas. PLANTILLA Ademáis algúns iredes de comprassssss!!! Que ides mercar hoxe???? FICHA SÚPER Que teñades moi boa fin de semana e vémonos de novo o Luns!!

Xoves 2 de Maio de 2024

Imagen
  MOI BO DÍA DE XOVES!!!! Que tal estades amiguiñ@s?? Cómo o pasástedes na excursión a A Coruña?? Qué foi o que máis vos gustou?? E o que menos? Fixástedesvos nos vermes?? Comen moitísimo!! Pero como puidestedes comprobar as follas que non son de moreira non as comen, vai ser mellor que llas quitedes! Bueno pois hoxe, coma todos os xoves tedes  Inglés co Teacher Juanma. E os de 1ºB Educación Física con Antón. Quén é hoxe @ encargad@? Cambiamos de mes e por isto mesmo dámoslle a benvida ao novo MES DE MAIO!!!!! Temos que rematar o mes de Abril e facer a gráfica do tempo e comezar a calendario deste novos mes de Maio. CALENDARIO GRÁFICA DO TEMPO Esperamos disfrutar moito deste bonito mes, qué cousas importantes ocorren en Maio?? Antes de que vos poñades ca asamblea, teño que contarvos algo, escoitei que hoxe abre o SuPERMERCADO  asi que tedes preparadas as vosas carteiras para ir facer  a compra?? FICHAS SUPER Ademais seguiremos traballando sobre a localidade e os seres vivos  Vémonos m